O acto principal do Yogote no XXVI Encontro Estatal das Escolas Asociadas da UNESCO (xullo 2013) foi na Casa do Poeta Miguel Hernández en Orihuela (Alicante). Como representación Galega para celebrar o 60 Aniversario das Escolas Asociadas foron tres exalumnas do CEIP Campolongo, María, Amalia e Lucía F. D.
Os poemas que recitaron acompañados do Yogote foron: un inventado polo mestre Antonio F. M. (Nito) neste curso pasado para celebrar o "2013 Ano Internacional da Auga", dentro do apartado de Sostenibilidade , logo o de "Cantarola Nosa" ou tamén chamado "Amiguiños todos" de Neiras Vilas, dentro de Cultura de Paz, homenaxeando o 51 aniversario de "Memorias dun Neno Labrego", e para rematar o poema de "Galicia", de Manuel María, dentro do apartado de Patrimonio.
Etiquetas
- Agr. Esc. Murça
- Agrupamento de Escolas Carolina Michaëlis
- Aquilino Ribeiro
- Brazil
- Campolongo
- Celebracións
- CEP Marcos da Portela
- Curso 12-13
- Curso 13-14
- Curso 14-15
- Curso 15-16
- Curso 2017-18
- Curso 2018-19
- Curso 22-23
- Curso 23-24
- Escola Ribeiro Domingos Dias
- Escola Terra Mater
- Galiza
- IES Pazo da Mercé
- Multilingüe
- Nelson Mandela
- Palestina
- Portugal
- Rede SEA-UNESCO
- Xeral
domingo, 29 de setembro de 2013
Evento en Orihuela (Alicante) no XXVI Congreso Estatal Español das Escolas Asociadas Unesco
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario