domingo, 29 de setembro de 2013

Evento en Orihuela (Alicante) no XXVI Congreso Estatal Español das Escolas Asociadas Unesco

O acto principal do Yogote no XXVI Encontro Estatal das Escolas Asociadas da UNESCO (xullo 2013) foi na Casa do Poeta Miguel Hernández en Orihuela (Alicante). Como representación Galega para celebrar o 60 Aniversario das Escolas Asociadas foron tres exalumnas do CEIP Campolongo, María, Amalia e Lucía F. D. Os poemas que recitaron acompañados do Yogote foron: un inventado polo mestre Antonio F. M. (Nito) neste curso pasado para celebrar o "2013 Ano Internacional da Auga", dentro do apartado de Sostenibilidade ,  logo o de "Cantarola Nosa"  ou tamén chamado "Amiguiños todos" de Neiras Vilas, dentro de Cultura de Paz, homenaxeando o 51 aniversario de "Memorias dun Neno Labrego", e para rematar o poema de "Galicia", de Manuel María, dentro do apartado de Patrimonio.