domingo, 29 de setembro de 2013

Evento en Orihuela (Alicante) no XXVI Congreso Estatal Español das Escolas Asociadas Unesco

O acto principal do Yogote no XXVI Encontro Estatal das Escolas Asociadas da UNESCO (xullo 2013) foi na Casa do Poeta Miguel Hernández en Orihuela (Alicante). Como representación Galega para celebrar o 60 Aniversario das Escolas Asociadas foron tres exalumnas do CEIP Campolongo, María, Amalia e Lucía F. D. Os poemas que recitaron acompañados do Yogote foron: un inventado polo mestre Antonio F. M. (Nito) neste curso pasado para celebrar o "2013 Ano Internacional da Auga", dentro do apartado de Sostenibilidade ,  logo o de "Cantarola Nosa"  ou tamén chamado "Amiguiños todos" de Neiras Vilas, dentro de Cultura de Paz, homenaxeando o 51 aniversario de "Memorias dun Neno Labrego", e para rematar o poema de "Galicia", de Manuel María, dentro do apartado de Patrimonio.

xoves, 21 de marzo de 2013

Poemas do Mundo (World Poems) - Evento 1º

"Site" principal dos Poemas do Mundo (World Poems)

Cronograma do vídeo youtube

Vídeo

O xoves21 de marzo (quinta feira), na Escola Árvore de Porto -Portugal fíxose o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo" 
O acto foi gravado en directo en youtube e realmente comeza no minuto 68 (01:08:10 h)  deste vídeo  (VER CRONOGRAMA),  pois houbo retraso e a cámara estivo gravando igualmente por estar programado o evento para unha hora antes. Despois da presentación dos distintos representantes das Escolas Asociadas Unesco de España e Portugal e do representante da Xunta de Galicia, o Delegando Territorial de Pontevedra,  recitaron e cantaron  o alumnado de diferentes centros educativos particantes do proxecto algúns poemas no código de signos internacionais (Yogote), e rematou o evento  coa  presentación da páxina web ou o  Site Principal dos Poemas do Mundo (World Poems).  Neste "site" pódense buscar todos os diferentes poemas de varios xeitos, un deles, moi práctico,  por exemplo é o da etiqueta  "Countries" (por paises)






mércores, 20 de marzo de 2013

Poema do Brasil

Da Escola Terra Mater em São Bernardo do Campo (São Paulo) chega o poema "Em busca de um mundo melhor",  da aluna Beatriz Ribeiro Perrone.


-Informações sobre o poema:
- Houve a quebra da simetria semântica, rimas e versos livres que forneceram a sonoridade e o ritmo.
-Relação com o tema de estudo da redeSEA (Paz e Direitos Humanos):
- A busca constante da paz mundial está presente no poema produzido pela aluna.
 


Foto 1: Alunos trabalhando na produção do poema em sala de aula.
Foto 2:   Momento poético
Foto 3: Outra sala de aula com alunos trabalhando suas criações.




 
Texto do poema e desenho da aluna.
Comentário da aluna:

"Al buscar los símbolos universales, aprendí cosas nuevas que en el futuro me ayudarán mucho para comunicarme con personas de todo el mundo.
Cuando estudiaba me parecieron un poco más difícil de lo que es."


venres, 15 de marzo de 2013

As árbores da miña cidade


Poema de Fran Alonso do CEP Marcos da Portela - Pontevedra-Galiza

Axiña poremos o poema cos xestos internacionais.

sábado, 9 de marzo de 2013

Os valores da UNESCO en Murça

Clica na imaxe e poderás ver catro vídeos do "Agrupamento de Escolas de Murça", traballando os valores da UNESCO na linguaxe de signos internacional YOGOTE.

A ligazón da imaxe levate a  Escolaamigadaarte's Blog, pero en ámbolos dous sitios atoparás os poemas.

venres, 8 de marzo de 2013

Adíos Ríos, Adios Fontes


"Adiós ríos, adiós fontes"de Rosalía de Castro, representado pol@s alumn@s de 1ª de ESO do IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra-Galiza-Espanha), na ocasión do "Día de Rosalía" e a celebración dos 150 anos da publicación de "Cantares galegos". Foi traballado na hora de Proxecto Interdisciplinar e participan alumnos dos dous grupos de 1º de ESO.

Ver poema.

Escoitar poema cantado por Amancio Prada.

Irmaus de Celso Emilio Ferreiro


Poema "Irmaus",representado polos alumnos de 3º de ESO, do IES Pazo da Mercé da Galiza. Escollemos este poema para lembrar a figura de Celso Emilio Ferreiro no día da Paz 2013.


mércores, 6 de marzo de 2013

Lágrima de preta, de António Gedeão

Lágrima de Preta from Ângela Marques on Vimeo.

Aqui está a primeira colaboração do Agrupamento de Escolas Carolina Michaëlis, com um excerto de um conhecido poema de António Gedeão, Lágrima de Preta, interpretado por alunos do 11º AS (Animação Sociocultural), no âmbito da disciplina de Expressões. Queremos agradecer-lhes a colaboração, assim como às professoras Helena Silva e Micaela Cardoso.

Ver texto en Inglés

xoves, 28 de febreiro de 2013

"Pombiñas"

Os alumnos e alumnas de 1º D do CEIP Campolongo de Pontevedra, creamos esta pequena poesía sobre a Paz: "Pombiñas".





Os nenos do Mundo

Os nenos e nenas de 1º C do CEIP Campolongo de Pontevedra elaboramos esta poesía sobre a interculturalidade: "Os nenos do Mundo".





Dar é recibir

Os nenos e nenas de 1º B do CEIP Campolongo de Pontevedra fixemos esta poesía sobre a fame no Mundo: "Dar é recibir", que queremos compartir convosco.




A natureza

Os nenos e nenas de 1º A, do CEIP Campolongo de Pontevedra, creamos esta fermosa poesía sobre o coidado do medio ambiente: "A Natureza", e a representamos cos xestos de Yogote. Agardamos que vos guste!



mércores, 20 de febreiro de 2013

"Amigos" de Portugal

Olá Lusofonia,
os alunos da EB1 PE Ribeiro Domingos Dias - Ilha da Madeira saúdam-vos.
No projeto "Poemas do Mundo" nós escolhemos o tema "Amizade".
Gostaríamos de partilhar convosco aquilo que fizemos.

"Bons Amigos"  poema original, criado pela turma do 4.º ano:


"Amigos" de Eugénio de Andrade:



Aqui estão os poemas, esperemos que sejam do vosso agrado.
Um abraço lusófono da Madeira.


xoves, 31 de xaneiro de 2013

Cantarola dos nenos

Temos dúas versión, unha completa, e outra só co retrouso.


Poema preparado polo alumnado de 2ºD para recitar no Día da Paz do curso 2012-13. O estribillo está acompañado polos la linguaxe de signos internacional Yogote. Por mor da chuvia non se recitou na patio.

 Ver outra versión adaptada e cantada.

Máis de Yogote no noso centro. Ver o poema no blogue de E. Fisica do CEIP Campolongo, de Pontevedra (Galiza-Espanha)

mércores, 16 de xaneiro de 2013

"Reciclar"


Canción creada polo alumnado de 2º A do C.E.I.P de Campolongo (Pontevedra-Galiza) sobre o coidado do medio .







domingo, 13 de xaneiro de 2013

Mensagem de Natal das EE do Agrupamento de Murça



Vê, sente e emociona-te com a pequena mensagem que rompeu o silêncio, na festa de Natal do Agrupamento apresentada pelos alunos da Educação Especial com o precioso apoio dos seus professores. Surpreenderam todos com as suas vozes e gestos internacionais.

Ver a nova nun blogue relacionado coa escola Murça.

Entrar na súa páxina web.

Os meus amigos coloridos


OS MEUS AMIGOS COLORIDOS from Escola Aquilino Ribeiro on Vimeo.

 Tenho um amigo que se chama Cássio
Ele tem pele cor de chocolate
Tenho uma amiga que se chama Teresa
Ela tem pele cor de laranja
Tenho outra amiga que se chama Ana
Ela tem pele cor de leite
Todas as cores são as cores da pele
E os meus amigos sabem-me a mel 



Escola Aquilino Ribeiro (Portugal) é unha das Escolas que participan no proxecto "Poemas do mundo" no 60º Aniversario das Escolas Unesco.  Na súa páxina web podes ver máis datos. Noraboa polo traballo e tamén por ser o 1º poema do proxecto na lingua portuguesa.

Galicia do CEIP Campolongo

.

    
Poema escollido polo noso centro para presentar no proxecto "Poemas do Mundo" no 60 aniversario das Escolas Asociadas Unesco. Para a linguaxe de signos fixemos unha versión reducida .Debaixo temos unha imaxe co poema enteiro