quinta-feira, 21 de março de 2013

Poemas do Mundo (World Poems) - Evento 1º

"Site" principal dos Poemas do Mundo (World Poems)

Cronograma do vídeo youtube

Vídeo

O xoves21 de marzo (quinta feira), na Escola Árvore de Porto -Portugal fíxose o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo" 
O acto foi gravado en directo en youtube e realmente comeza no minuto 68 (01:08:10 h)  deste vídeo  (VER CRONOGRAMA),  pois houbo retraso e a cámara estivo gravando igualmente por estar programado o evento para unha hora antes. Despois da presentación dos distintos representantes das Escolas Asociadas Unesco de España e Portugal e do representante da Xunta de Galicia, o Delegando Territorial de Pontevedra,  recitaron e cantaron  o alumnado de diferentes centros educativos particantes do proxecto algúns poemas no código de signos internacionais (Yogote), e rematou o evento  coa  presentación da páxina web ou o  Site Principal dos Poemas do Mundo (World Poems).  Neste "site" pódense buscar todos os diferentes poemas de varios xeitos, un deles, moi práctico,  por exemplo é o da etiqueta  "Countries" (por paises)






Nenhum comentário:

Postar um comentário